sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasO CondadoA Plataforma N-120 terá acceso ao proxecto da seguridade viaria

A Plataforma N-120 terá acceso ao proxecto da seguridade viaria

Suspenden a manifestación do 1 de abril.

A Plataforma N-120 desconvoca a manifestación do 1 de abril porque, segundo fai saber un dos seus voceiros, Jose Luis Campos, a rexedora de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, recibiu a confirmación da Dirección xeral de Estradas sobre a publicación do proxecto no BOE. Fernández Davila trasladou aos veciños e as veciñas da Plataforma que «xa se enviou a documentación necesaria para que saia nos próximos días no Boletín Oficial do Estado» polo que, di Campos, «non ten ningún sentido manter esa concentración». 

Iso si, piden ter acceso ao proxecto para coñecer cales serán as acatuacións que realizará o Ministerio de Transportes e Mobilidade na nacional ao seu paso por Ponteareas e poderán facelo porque, segundo Campos, «poderemos solicitalo á Subdelegación do Goberno en Pontevedra ou na da Coruña».Ata este mesmo martes mantiñan a manifestación porque se amosaban «espectantes» polos 3 millóns de euros do orzamento e porque soamente se emitira unha nota ao respecto sobre o proxecto.

Con todo, a dirección da Plataforma expresa a súa «satisfación polo feito histórico que suporá a publicación no BOE dun proxecto polo que leva loitando este colectivo estes últimos 6 anos» e agradece «aos veciños e as veciñas que apoiaron sempre». Lembran «aos que xa non están con nós e, nomeadamente, queremos lembrarnos de Xosé Represas e Pepe de Generosa, dous actividas que estiveron até os seus derradeiros días defendendo o ben común».

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES