viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísGalicia volve superar os 2.000 contaxios de COVID ao día

Galicia volve superar os 2.000 contaxios de COVID ao día

En Galicia hai 19.589 persoas con coronavirus arestora, logo que se diagnosticaran 2.000 novos positivos en 24 horas. Nos hospitais continúan os ingresos COVID por baixo dos 400, aínda que houbo 8 hospitalizacións máis na última xornada.

En Galicia rexistrándose 2.083 novos positivos de coronavirus na última xornada.

Por áreas sanitarias soben todas, agás a de Ourense e a de Pontevedra, que baixan:

A Coruña: 4.201 (+57)

Vigo: 3.497 (+103)

Ourense: 2.705 (-97)

Santiago: 3.116 (+11)

Lugo: 2.386 (+14)

Pontevedra: 2.084 (-54)

Ferrol: 1.508 (+63)

Nos hospitais, os ingresos por COVID continúan por baixo dos 400. Con todo ingresaron 8 persoas máis na última xornada: Son 26 os hospitalizados en UCI e 360, en planta.

O Sergas notificou 5decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.162 falecementos desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES