viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasO Condado"Tanto o PSOE como o BNG sabemos como está o proxecto da...

«Tanto o PSOE como o BNG sabemos como está o proxecto da N-120»

A concelleira socialista, Vanesa Fernández, apunta a que o voceiro da Plataforma N-120, Jose Luis Campos, «xa sabía dende hai un ano que o orzamento ía ser de 3 millóns».

O Partido Socialista de Ponteareas, a través da concelleira Vanesa Ferández,  califica de «lamentable» que a Plataforma N-120 non desconvoque a manifestación do 1 de abril en protesta polo atraso nas melloras da seguridade viaria da estrada. Explica que «o señor Campos xa sabía dende hai un ano que o orzamento ía ser de 3 millóns de euros» e critica, de igual xeiro, ao seu socio de goberno, ao Bloque Nacionalista Galego, porque «tanto O PSOE como o BNG sabemos como se atopa ese proxecto e os avances que se fixeron».

Esta resposta chega toda vez que o voceiro da Plataforma, Jose Luis Campos, confirmara á redacción de Si Radio que mantiñan a manifestación para o primeiro día de abril porque na reunión que mantiveron este luns coa rexedora Cristina Fernández Davila non quedou claro cando ía sair a exposición pública o proxecto da mellora da seguridade viaria. Di Campos que «ninguén lle falou de prazos á alcaldesa e ninguén lle asegurou nada».

Neste contexto, os socialistas e as socialistas de Ponteareas critica que O BNG, PP e ACIP empreguen esta problemática como «un xogo político» e apunta a que «xa se atopan en plena campaña para as eleccións». Pero o certo, di Vanesa Fernández, é que o deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, «votou en contra dos orzamentos e sen presuposto non se poden realizar os proxectos».

 

Nova Secretaría Xeral

Así as cousas, este venres o PSOE de Ponteareas escolle á persoa que estará ao fronte da secretaría xeral do partido. Ata o de agora o partido rexíase por unha xestora dirixida por Alfonso Porto.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES