jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaXunta e Concello acordan unha axuda para o mantemento do Pazo de...

Xunta e Concello acordan unha axuda para o mantemento do Pazo de Mos

A Fundación recibirá unha subvención total de 22.000 euros

O Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse a pasada semana no Pazo de Mos, xunto coa alcaldesa, Nidia Arévalo; o tenente de alcalde, Camilo Augusto, e a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, cos membros da directiva da Fundación Pazo de Mos e da organización do Festival Intercéltico O Son do Pazo para abordar colaboracións da Xunta de Galicia durante este presente ano 2022.
Neste senso, Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Concello de Mos asinarán os convenios de colaboración para reafirmar a total entrega co Festival Intercéltico que administración autonómica e local levan demostrando desde o seu nacemento, e para apoiar á Fundación Pazo de Mos nos gastos relativos ao mantemento do Pazo.
Neste último caso, a Fundación recibirá unha subvención total de 22.000 euros dos cales a Xunta de Galicia aportará 12.000 euros e o Concello de Mos 10.000 euros.
Pola súa banda o apoio autonómico ao Son do Pazo farase mediante a financiación de artistas de música tradicional de primeiro nivel que farán que o festival poida presumir este ano dun cartel de excepción. Así mesmo, o Concello implícase totalmente no traballo para a organización dun evento musical e cultural destas características e envergadura.
Neste senso, a rexedora local destacou “o compromiso incondicional do Concello de Mos co seu patrimonio histórico, cultural, arquitectónico e musical, por iso continuamos a senda de apostar por eles e conveniamos coa Xunta sendos convenios de colaboración para axudar á Fundación Pazo de Mos e á organización de O Son do Pazo”. Ademais Arévalo agradeceu enormemente “a man sempre tendida da Xunta de Galicia e da Consellería de Cultura en particular, apoiando e premiando o esforzo que desde a administración local e colectivos mosenses facemos para poñer en valor a cultura galega e o Camiño de Santiago”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES