martes, junio 25, 2024
InicioComarcasLouriñaCeamsa doa 1.680 litros de leite a SOS Porriño

Ceamsa doa 1.680 litros de leite a SOS Porriño

Lanzan unha campaña de recollida: necesitase leite, pasta, produtos de hixiene infantil e alimentación para bebés.

A empresa Ceamsa (Compañía Española de Algas Marinas S.A.) doou 1.680 litros de leite ao banco municipal de alimentos SOS Porriño. A compañía amosa así a súa disposición a colaborar co Concello do Porriño na prestación deste servizo que atende ás familias máis necesitadas do municipio.

O concelleiro de Servizos Sociais, Abel Estévez, quixo agradecer enormemente este “xesto solidario cos veciños e veciñas que están a atravesar unha situación de vulnerabilidade. Un xesto que nestes momentos de incerteza que estamos a vivir adquire máis valor se cabe”.

O edil fai un chamamento á cidadanía a colaborar con SOS Porriño e informa de que nos caixóns instalados nos centros culturais, pavillón e colexios para a recollida de roupa e alimentos para Ucraína tamén se está a recoller produtos que necesita o banco municipal de alimentos.

Concretamente necesítase leite, pasta, produtos de hixiene infantil (cueiros tallas 4, 5 e 6, toalliñas, xeles..) e alimentación para bebés

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES