viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaOs Bolechas estarán na feira de oportunidades do Porriño

Os Bolechas estarán na feira de oportunidades do Porriño

Será o vindeiro sábado, 19 de marzo, pola tarde.

A XXV edición de Merca na rúa, programada para esta fin de semana, tivo que ser aprazada en vista das previsións meteorolóxicas, e celebrarase finalmente o sábado 19 e domingo 20 de marzo. Así o anunciaron o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo; a concelleira de Comercio, Antía Carrera e a presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (Acipor), Juana Pérez, durante o acto de presentación desta feira de oportunidades do comercio local.
Serán 22 os postos de venta que se instalen na zona peonil, cunha ampla representación de sectores e produtos. Roupa, calzado, óptica, mercería ou accesorios son algún dos artigos nos que se ofrecerán descontos que oscilan entre o 60 e o 70%, tal e como indicou a presidenta de Acipor.
A feira estará aberta ao público o sábado en horario ininterrompido de 10.00 a 21.00 horas e o domingo de 11.00 a 20.00 horas. Ademais, para facilitar as compras ás familias, haberá inchables para os máis pequenos e unha visita moi especial, a dos Bolechas que estarán no Merca na Rúa o sábado a partir das 17.00 horas. O domingo pola mañá, ás 12.30 horas, Rafa Fernández ofrecerá un concerto de jazz na praza Arquitecto Palacios.
O alcalde puxo en valor o evento “polo seu efecto dinamizador e por incentivar o comercio local e reactivar a economía da vila nestes momentos tan difíciles” e invitou a toda a veciñanza “a encher as rúas e beneficiarse destas ofertas ao tempo que axudan aos nosos comerciantes”.
No mesmo sentido manifestouse a presidenta de Acipor, que invitou “aos porriñeses e porriñesas e á veciñanza dos municipios da contorna a visitarnos e mercar na que xa é a terceira edición despois do obrigado parón pola pandemia”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES