viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísA hostalería estrea fin de semana sen certificado COVID-19

A hostalería estrea fin de semana sen certificado COVID-19

Os hostaleiros xa non terán que pedir o certificado COVID-19 para permitir sentar comer aos seus clientes. Desde este sábado 26 de febreiro elimínase ese requisito que segue vixente en hospitais e residencias. As mesas na hostalería tamén medran a 10 comensais en interior e a 20 nas terrazas.

Xa non será necesario escanear o código QR do certificado COVID para atender aos comensais. Tamén aumenta a capacidade das mesas: ata dez comensais no interior e 20 nas terrrazas. «Paréceme unha cousa boa e espero que sexa definitivo para que volvamos ao de antes», di Manuel Requejo, que ten un restaurante en Ourense.

Os hostaleiros agradecen ese tempo que gañan para axilizar a atención aos clientes. 

A partir deste sábado tampouco fará falta o certificado covid nos ximnasios, espectáculos ou competicións deportivas, pero si en hospitais e residencias, onde o TSXG acaba de autorizarlle a Xunta a prórroga ata o 12 de marzo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES