viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísGalicia volve ós 6.000 contaxios diarios pero baixa hospitalizados

Galicia volve ós 6.000 contaxios diarios pero baixa hospitalizados

Logo de xornadas de detección de 4.000 casos activos, Galicia volveu diagnosticar 6.000 novos positivos en 24 horas. A parte boa da análise diaria é o descenso dos hospitalizados  con COVID-19. Baixan dos 700 e quedan en 681 ingresados con coronavirus.

Con todo, os casos activos seguen diminuíndo, aínda que moi lixeiramente, só en 443 persoas. Seguimos por riba dos 60.000 contaxiados; concretamente hai 60.277 persoas con coronavirus en Galicia.

En 24 horas rexistráronse 5.963 novas probas positivas.

Todas as áreas sanitarias descenden os seus casos activos agás a de Santiago e o descenso nas que baixan é moi pequeno:

A Coruña: 13.275 (-48)

Vigo: 15.610 (-51)

Ourense: 6.015 (-115)

Santiago: 9.821 (+118)

Lugo: 6.148 (-57)

Pontevedra: 6.564 (-221)

Ferrol: 2.844 (-70)

Nos hospitais hai 648 persoas ingresadas:641 en planta e 40 nas UCI, fronte as 704 que había en total na xornada precedente.

Con todo, o Sergas notificou o deceso de 11persoas que foran diagnosticadas de covid, que alzan a cifra a 2.950 falecementos desde o inicio da pandemia.

Case todas as vítimas superaban os 70 anos de idade, agás un home de  69 anos que finou na área de Vigo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES