jueves, abril 25, 2024
InicioNewsO PaísRepunte dos contaxios de COVID con 7.000 novos casos nun día

Repunte dos contaxios de COVID con 7.000 novos casos nun día

Freo á redución de casos activos. Tras varias xornadas en torno aos 4.000 novos casos diarios, Galicia rexistrou en 24 horas 7.005 novos casos diagnosticados. O lado bo dos datos está nos hospitais, con un descenso dos ingresados; hai 581 enfermos COVID en planta e 48 en UCI.

Os casos activos seguen baixando en Galicia pero lixeiramente (-1.509). Hai en total  65.841 persoas con coronavirus en Galicia.

Os contaxios aumentaron notablemente e rexístranse 7.005 nas últimas 24 horas.

Por áreas sanitarias, baixan todas os casos activos, pero menos que na xornadas anteriores e Vigo segue á cabeza:

A Coruña: 14.141 (-274)

Vigo: 17.338 (-240)

Ourense: 6.767 (-278)

Santiago: 10.158 (-130)

Lugo: 6.610 (-261)

Pontevedra: 7.711 (-209)

Ferrol: 3.116 (-117)

Baixada de ingresado COVID nos hospitais galegos; en planta (-7) e nas UCI (-2), deixando 629 persoas ingresadas, 581 e 48 respectivamente.

Respecto aos decesos, o Sergas notificou a morte de 4persoas que foran diagnosticadas de covid-19, alzando a cifra a 2.897 falecementos desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES