viernes, abril 26, 2024
InicioNewsComarcasSogama licita por máis de 2 millóns a planta de transferencia de...

Sogama licita por máis de 2 millóns a planta de transferencia de residuos urbanos en Arbo

A instalación, que se situará no polígono industrial en Barcela, provocou varias manifestacións en contra dos veciños e das veciñas.

A Xunta de Galicia, a través de Sogama, acaba de licitar por 2.033.880,03 euros, IVE incluído, a obra de execución dunha planta de transferencia de residuos urbanos no concello de Arbo. Ademais da redacción do proxecto, o contrato inclúe o deseño, construción, subministración, montaxe e posta en marcha da instalación, así como a súa xestión integral.

Esta instalación substitúe á actual microplanta situada na Cañiza, «que non puido ser ampliada no propio municipio por falta de terreos que cumprisen os requisitos técnicos establecidos», segundo apunta a administración autonómica.  É por iso que a de Arbo prestará servizo aos catro concellos adscritos actualmente á da Cañiza, isto é, Arbo, A Cañiza, Crecente e Covelo.

As cinco microplantas actuais serán substituídas por plantas de transferencia de maior capacidade a fin de que nas mesmas se transvase, ademais do residuo convencional ou fracción resto, os materiais procedentes da recollida selectiva do contedor amarelo —envases de plástico, latas e briks— e, proximamente, do contedor marrón, que os concellos galegos deben implantar, por lei, antes do 31 de decembro de 2023.

A planta de Arbo situarase no polígono industrial e «estará equipada coas tecnoloxías máis innovadoras para que a súa operativa se leve a cabo baixo as premisas de máxima eficiencia, dispoñibilidade e respecto ambiental», asevera a Xunta. Así, as empresas interesadas neste contrato poderán presentar as súas ofertas ata as 14,00 horas do vindeiro 4 de febreiro.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES