viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísO comité clínico abordará o martes o protocolo para o Entroido

O comité clínico abordará o martes o protocolo para o Entroido

O vindeiro martes, 25 de xaneiro, reunirase o comité clínico que asesora a Xunta na pandemia da COVID-19 para abordar o protocolo a aprobar para o Entroido 2022 e tamén as restricións no número de comensais que se xunten nesas comidas de cocido e orellas de Entroido.

A pretensión de Sanidade é aprobar unha limitación de persoas nas comidas tradicionais con motivo do Entroido. Na actualidade o número que se recomenda sitúase en 10 comensais e agora valorarase se se mantén ou se se reduce.

Este protocolo para Entroido é unha medida para «tentar reducir a concentración de persoas nunha contorna tan arriscada como é o da comida», onde se quita a máscara, co fin de «tratar de reducir o impacto», pero nunca se fala de «eliminalas» senón de «reducir ao mínimo a posibilidade de contaxios.

Ainda queda tempo para as festas de Entroido pero na provincia de Ourense vívese con moita intensidade desde semanas antes. De feito xa se contempla algunha actividade o luns, 7 de febreiro. Por iso, para entón, deberá estar aprobado o protocolo.

O Concello de Laza xa anunciou a suspensión da celebración oficial desta festa cos seus tradicionais peliqueiros. Non organizará actividades programadas. Con todo, sup´`on que haberá celebracións espontáneas da veciñanza e pide «coidado».

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES