domingo, mayo 19, 2024
InicioActualidadeCulturaDavid Trueba, María Vázquez, Kepa Junquera e The Rapants estarán este mes...

David Trueba, María Vázquez, Kepa Junquera e The Rapants estarán este mes en Cans

O Festival de cine vén de presentar a súa vixésimo primeira edición, que se celebrará nesta parroquia porriñesa do 21 ao 25 de maio, con 35 estreas de curtas e longametraxes

Cans proxectará o filme «As Neves» de Sonia Méndez, a preestrea de «Alumbramiento» de Pau Teixidor, a retrospectiva internacional do colectivo Société Acéphale e unha emotiva homenaxe a Kepa Junkera.

O Festival recupera a sección de animación, cunha colleita excepcional, e estreará nove curtas na sección de ficción.

Estréase tamén a sección «Cineherdanzas», que descubrirá por vez primeira o legado fílmico de Carlos Asorey, un esquecido cineasta galego dos anos 70.

Toda a información e programación na páxina web do festival: www.festivaldecans.gal

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES