jueves, mayo 2, 2024
InicioNewsO PaísFeijóo pide volver a máscara no exterior coas discotecas abertas

Feijóo pide volver a máscara no exterior coas discotecas abertas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apostou este luns por que, entre as novas medidas que se determinen para o conxunto do Estado, inclúase a obrigatoriedade xeral de usar máscara nos exteriores, fronte á normativa actual que permite quitala no caso de que haxa distancia de seguridade entre os viandantes.

Esta proposta para o conxunto do Estado que chega mentres o Goberno galego mantén discotecas e bares abertos e non mostra síntomas de limitar de ningunha maneira, máis aló da recomendación, a celebración de festas do Nadal entre grupos de persoas que non conviven.

Feijóo propón que se volva esixir a máscara en exteriores tendo en conta que no Nadal se producen aglomeracións tamén nas rúas: cabalgatas, compras, etc.

O presidente galego tamén pediu ao Goberno central máis vacinas para poder inmunizar a todas as nenas e nenos de 5 a 11 anos antes da volta ao cole. As existencias actuais non permiten acadar esa cifra de escolares vacinados.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES