martes, octubre 15, 2024
InicioNewsComarcasA Feira do Libro de Porriño arranca este xoves co pregón do...

A Feira do Libro de Porriño arranca este xoves co pregón do Club de Lectura do Porriño

O barrio de San Bieito será o epicentro literario e cultural do Porriño durante catro días

Este xoves volve ao Porriño a Feira do Libro de Galicia, que ata o domingo aglutinará diferentes actividades culturais no barrio de San Bieito e contará coa participación de diversos escritores de renome, coma o porriñés Xulio Teixeira.


A feira, organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello do Porriño, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, comezará na tarde do xoves co pregón do Club de Lectura de Biblioteca do Porriño e a actuación musical do Grupo Fonteliño, na carpa de actividades. Seguidamente, Xulio Teixeira presentará o seu libro ‘As vidas do río’ acompañado polo tamén porriñés Diego Giráldez, con quen conversará sobre novela negra.


Os cativos/as poderán disfrutar ata o domingo de diversas actividades dirixidas especialmente para eles/as, como espectáculos musicais, teatro infantil, contacontos e un obradoiro. A carpa tamén será escenario de recitais poéticos, e presentación dos libros A rede Branca, de Paco Morgan, e Contos de Buxo, de Raquel Fernández.


A estas actividades hai que engadir as sinaturas de libros organizadas polas librerías participantes, que contarán con autores/as coma Raquel Castro, Samuel Merino, Andrea Martínez Balandrón ou María Olga Alonso, entre outros. As librarías Paz, Pedreira, Copi-Rey,
Porto, Uróboros e Galo Azul terán as súas casetas correspondentes e ofrecerán un desconto do 10% en tódolos títulos.

Ana Abad de Larriva, coordinadora do Club de Lectura, declara que “estamos moi agradecidas por esta oportunidade, é un orgullo falar de libros e lectura neste evento literario tan importante para O Porriño. Ademais é un recoñecemento ao club e ao labor que facemos”. Eva González, membro do Club, confesa “eu aprendín a ler con outros ollos, non só a través dos meus. Cada lector intrepreta á súa maneira e se fixa en detalles concretos, ao compartir as distintas interpretacións tes unha visión máis ampla”.


Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, convidou “a toda a veciñanza a achegarse ao Porriño e disfrutar desta festa da literatura que tanto nos aporta cada ano”.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, puxo en valor este evento cultural que “non só sirve para sacar a literatura ás rúas e ofrecer o noso apoio ao sector editorial, tamén para render unha merecida homenaxe aos/ás nosos/as libreiros/as, escritores/as e lectores/as. Ninguén mellor que o Club de Lectura da nosa Biblioteca para representalos a todos e o amor pola literatura”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS