domingo, mayo 19, 2024
InicioNewsActualidadeActívase un servizo de autobús que une Vigo e o aeroporto de...

Actívase un servizo de autobús que une Vigo e o aeroporto de Santiago

A partir de mañá mércores, 8 de maio, a Xunta de Galicia activa esta solución de urxencia ante a falta de alternativas para os viaxeiros por parte do Goberno central que promove a obra na pista de Peinador

Entre a estación intermodal de Vigo e a terminal compostelá funcionarán seis servizos ao día, cunha duración aproximada dunha hora e media, e terán saída desde Vigo ás 04.30, 07.35 e 10.45 horas e do aeroporto cara a Vigo ás 08.45, 12.40 e 18.45 horas.

Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, lamenta que o Executivo central non ofrecese unha alternativa para a conexión dos viaxeiros coa cidade de Vigo na xuntanza que mantivo a semana pasada o alcalde de Vigo, Abel Caballero, co ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente.

A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES