martes, mayo 21, 2024
InicioNewsActualidade200 ciclistas rodarán esta fin de semana na VIII edición da "Challenge...

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na VIII edición da «Challenge Rías Baixas»

A proba consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e 5 de maio

Esta proba, organizada polo club ciclista “Master da Louriña”, presentouse no Concello do Porriño, nun acto no que participaron o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a vicepresidenta da Deputación e responsable da área de deportes, Luisa Sánchez, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Ponteareas, Luis Rodríguez , o alcalde de Nigrán, Juan González, o presidente do club organizador, Juan José Álvarez, representantes da Federación Galega de Ciclismo e patrocinadores da proba.


A primeira etapa, que se celebrará o sábado 4 de maio, será a correspondente ao “GRAN
PREMIO DE MOS” (con saída do Pazo de Mos ás 10.30h e final de carreira para todas as categorías tamén no Pazo de Mos). Trátase dunha etapa en línea de 6km neutralizada + 79 de carreira, desnivel acumulado 800M e puntuable para a Copa Galicia.


2º ETAPA “GRAN PREMIO CONCELLO DE PONTEAREAS”, contrarreloxo de 5km, desnivel acumulado 40M. E 3º ETAPA “GRAN PREMIO DO PORRIÑO”, etapa en línea de 14.4km de neutralizado + 85 km de carreira, 973m de desnivel acumulado.


As categorías da 8ª Challenge As Rías Baixas serán M30, M40, M50, M60 e xuvenís coas seguintes CLASIFICACIÓNS XERAIS E MAILLOTS:


1º Líder absoluto Amarelo
2º M30 Azul
3º M40 Vermello
4º M50 Negro
5º Premio Montaña Lunares Vermello
6º Metas Volantes Lunares Azuis
7º Sprint Especial Lunares Violetas
8º líder xuvenís Verde

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES