jueves, mayo 2, 2024
InicioNewsO PaísGalicia roza os 800 contaxiados e soben a 10 os casos na...

Galicia roza os 800 contaxiados e soben a 10 os casos na UCI

Os casos activos de COVID-19 continúan subindo en Galicia e sitúanse xa en 798 as persoas coa enfermidade. Soben tamén os casos graves hospitalizados por coronavirus ocupando unha cama na UC ata 10 persoas.

 Os casos activos continúan subindo e xa rozan os 800, a falla de dúas persoas máis que se contaxien. Aumentan os contaxios (+22). Detectáronse 76 novos casos por probas diagnósticas.

Por áreas sanitarias, a da Coruña segue á cabeza e xa acada os 200 contaxios:

A Coruña: 200 (+5)

Ourense: 195 (+11)

Vigo: 116 (+15)

Ferrol: 80 (+6)

Santiago: 72 (+6)

Pontevedra: 70 (+1)

Lugo: 65 (+9)

Nos hospitais hai 39 persoas. Hai unha persoa máis na UCI (10) e unha menos en planta (29).

O Sergas notificou dous decesos por mor da covid, elevando a cifra a 2.655 falecementos desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES