viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísO Sergas permitirá vacinar aos maiores nos centros de saúde

O Sergas permitirá vacinar aos maiores nos centros de saúde

Aqueles maiores que non poidan acudir vacinarse da cuarta dose da COVID-19 aos denominados «vacinódromos» poderán inmunizarse nos centros de saúde na denominada «repesca».

Con todo, o conselleiro, Julio García Comesaña, defende que os vacinódromos «funcionaron moi ben» nas campañas anteriores de vacinación elevando a Galicia ao posto das autonomías con maior porcentaxe de vacinados.

O Sergas contempla que mellore a Atención Sanitaria neste outono, con máis profesionais, e sexa posible inmunizar da COVID e tamén da gripe se o desexan aos maiores que non poidan desprazarse aos grandes centros de vacinación cando sexan convocados.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES