domingo, abril 28, 2024
InicioComarcasLouriñaInicia a súa actividade a oficina de información catastral nas parroquias do...

Inicia a súa actividade a oficina de información catastral nas parroquias do Porriño

O servizo, no que se ofrece asesoría e se facilitan os trámites á veciñanza, percorrerá as parroquias e o barrio de Carracido de maneira alterna en horarios de tarde e de mañá

O Concello do Porriño pon en marcha a oficina de información e tramitación catastral que se instalará nas diferentes parroquias do municipio en resposta ás demandas da cidadanía que estes días está a recibir os recibos do pago das cotas do IBI resultantes da revisión da valoración catastral levada a cabo no ano 2020 polo Catastro (Ministerio de Facenda).
O servizo, no que se ofrece asesoría e se facilitan os trámites á veciñanza, percorrerá as parroquia de maneira alterna en horarios de tarde e de mañá.
As dúas primeiras quendas son as que seguen:
O Porriño (Salón de plenos do Concello)
• Luns 3 de outubro de 16 h-19 h / Mércores 12 de outubro de 11 h-14 h
Torneiros (Multiusos)
• Martes 4 de outubro de 16 h-19 h / Xoves 13 de outubro de 11 h-14 h
Atios (Centro Cultural)
• Mércores 5 de outubro de 16 h-19 h / Venres 14 de outubro de 11 h-14 h
Pontellas (Centro Cultural)
• Xoves 6 de outubro de 16 h-19 h / Luns 17 de outubro de 11 h-14 h
Budiño (Centro Cultural A Forna)
• Venres 7 de outubro de 16 h-19 h / Martes 18 de outubro de 11 h-14 h
Chenlo (Centro Cultural)
• Luns 10 de outubro de 16 h-19 h / Mércores 19 de outubro de 11 h-14 h
Carracido (Centro Cultural As Mimosas)
• Martes 11 de outubro de 16 h-19 h / Xoves 20 de outubro de 11 h-14 h

As vindeiras quendas publicaranse nos centros culturais das parroquias e informarase nas redes sociais e páxina web do Concello.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES