O Espazo Lúdico Termal de Teáns, o primeiro de Galicia, inaugúrase o domingo, 3 de xullo, ás 12.00 horas coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Termas salvaterra 2O titular do goberno galego e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, acompañados polo Deputado Provincial Carlos López Font e demais autoridades, inaugurarán o primeiro Espazo Lúdico Termal recoñecido en Galicia, o Espazo Lúdico Termal de Teáns – Oleiros.

Unhas instalacións modernas, atractivas e funcionais, segundo indican dende o Concello, á beira do río Miño, co fondo das murallas de Monçao. Un enclave único que nos leva a relaxación e a calma, que conta con máis de 22.000 metros cadrados entre aparcamento, área recreativa e as termas, onde de localizan os tres vasos de auga quente, con temperaturas que van dende os 44 aos 42 graos, que proveñen dunha vena a máis de 250 metros de profundidade, e, xunto a estes, un vaso de auga fría. Un espazo que conta cun aforo superior ás 250 persoas.

Horario de apertura ao público
Estas instalacións estarán abertas todo o ano de mércores a domingo, con horario de verán de 09.00 a 12.00 e de 19.00 a 23.00 horas e no inverno de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 21.00 horas.

Para máis información consulte https://turismo.concellodesalvaterra.org/termas

¿E ti, es de Tweet?