viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaDías azuis no comercio do Porriño

Días azuis no comercio do Porriño

A Federación Galega de Comercio presenta na vila do Louro a novena edición desta campaña na que se sortean 12.000 euros repartidos en 64 tarxetas prepago.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo; o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; o presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, Iván Iglesias, e a presidenta de Acipor, Juana Pérez, acompañados polo director de Abanca no Porriño, Jorge Luis García, presentaron a campaña “Días azuis do comercio galego”.

A iniciativa da Federación Galega de Comercio, en colaboración coa Xunta de Galicia e Abanca, chega este ano á súa novena edición e ten como principal obxectivo dinamizar as vendas no comercio de proximidade e premiar a fidelidade dos clientes.

O presidente da Federación de Comercio de Pontevedra invitou a todos os porriñeses a participar desta iniciativa que se desenvolverá ata o 17 de xullo e agradeceu a implicación dos comerciantes e asociacións do Porriño e da provincia en xeral.

José María Seijas, pola súa banda, recordou o papel de Días azuis como “campaña de gran éxito que pon en valor o papel económico e social do sector comercial e conseguir que os clientes nos visiten, compren e ademais, gañen”.

No mesmo sentido se manifestou Juana Pérez quen destacou a importancia destas campañas “que serven de gran axuda ao comercio nestes momentos”.

O alcalde animou á veciñanza a participar desta campaña e felicitou aos comerciantes do Porriño “por sumarse a esta iniciativa e por promover outras tantas para dinamizar o comercio local, un sector clave na vila, tanto no ámbito económico como no social”.

Ata o vindeiro 17 de xullo os clientes dos comercios que realicen as súas compras deberán rexistrar o seu tícket en www.diasazuis.com ou ben solicitar que o faga o propio comerciante. As opcións a premio duplícanse utilizando ambas modalidades. Entre todos os participantes sortearanse un total de 12.000 euros en 64 tarxetas prepago: 24 de 250 euros e 40 de 150 euros, que deberán ser utilizadas polos gañadores nos establecementos antes do 30 de xuño do próximo ano. O sorteo, ante notario realizarase o día 21 de xullo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES