jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasO CondadoAcip estuda elevar á Fiscalía a situación do Servizo de Axuda no...

Acip estuda elevar á Fiscalía a situación do Servizo de Axuda no Fogar de Ponteareas

O voceiro Juan Carlos Carrera fala de «abandono» posto que, segundo apunta, «hai 166 persoas que necesitan do SAF e non o teñen e, delas, 40 contan co grao de dependencia máis alto».

O grupo de Acip poñerá en coñecemento da Consellería de Política Social a situación do Servizo de Axuda no Fogar de Ponteareas. E é que, segundo fai saber o voceiro Juan Carlos González Carrera, «hai 166 persoas que non reciben este servizo de axuda no domicilio e, delas, 40 teñen o grao máis alto de dependencia». É por iso que estudan tamén elevar o asunto á Fiscalía.

Neste contexto, González Carrera pide explicacións á concelleira Verónica Carrera sobre «o colapso dos servizos sociais» e pregúntase «onde está a edil responsanble?» porque considera que «non está ao fronte, está escondida» diante do que califica «desta decadencia».

Criticiou o líder de Acip «as trabas que hai co bipartito no acceso á información e á documentación á que temos dereito a corporación».

Escoita aquí a peza informativa coa nova sobre a decisión de Acip sobre elevar a cuestión á Consellería de Política Social:

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES