lunes, mayo 27, 2024
InicioNewsO PaísSanidade quere baixar un 15% a obesidade en Galicia

Sanidade quere baixar un 15% a obesidade en Galicia

Nun prazo de 8 anos o Sergas reta a galegas e galegos a baixar un 15% o nivel de obesidade existente en Galicia. A mellor receita do Plan Obesidade Zero é que os médicos receiten a combinación de exercizo físico e alimentación saudable.

 O Goberno galego promoverá un pacto autonómico no Parlamento para desenvolver o «Plan de Obesidade Zero» e aposta por que os médicos «prescriban exercizo».

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, foi a encargada de presentar este plan no marco dunha xornada en Santiago. «Obesidade Zero» e implica a «toda» a Xuntae apelou á colaboración dos galegos e dos concellos, así como das institucións en xeral.

Durán incidiu en que o 39,2 por cento da poboación galega ten sobrepeso, o que supón uns 850.000 cidadáns adultos, e unha 16,5% obesidade, unhas 360.000 persoas, o que implica «máis do 55% da poboación de Galicia». Ademais, sinalou que unha enquisa realizada entre máis de 47.000 participantes revela que «un 61,6% non realiza exercicio no seu tempo libre» e un 41% da poboación «é sedentaria».

Por iso, o conselleiro de Sanidade en funcións, Xullo García Comesaña, no marco da súa intervención nunha mesa redonda, sinalou que a Xunta promoverá un pacto autonómico no Parlamento de Galicia para desenvolver este ‘Plan de Obesidade Zero 2022-2030’.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES