viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaOs nadadores do Club Natación Mos logran 6 metais na casa, no...

Os nadadores do Club Natación Mos logran 6 metais na casa, no Galego de Fondo Master

Cinco medallas de ouro individuais e un bronce por equipos foi o palmarés acadado polo clube mosense o pasado domingo no Pavillón Óscar Pereiro. 

 

O pasado domingo, 20 de marzo, celebrouse na Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro o CAMPIONATO GALEGO DE FONDO MASTER XIII MEMORIAL GERARDO STEUDEL organizado polo Club Natación Mos. A competición autonómica contou coa participación de 113 deportistas pertencentes a 18 clubes galegos.Era a primeira vez que a Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro albergaba un campionato destas características.

O equipo do Club Natación Mos estivo formado por 6 nadadores de categoría masculina e os seus obxectivos pasaban por estar entre os primeiros clasificados, meta que conseguiron máis que con creces acadando 5 medallas de ouro e un 3° posto por Clubes en categoría masculina.

Os 6 nadadores do Club Natación lograron 5 metais dourados e un 3° posto por Clubes. Cos seguintes resultados:

–         1500 Libre Masculino:

o   Adrián Trillo ouro en categoría +25.

–         800 Libre Masculino

o   Pedro Castro ouro en categoría +20.

o   Nicolás Pexegueiro 7° en categoría +45.

o   Alberto Trincado ouro en categoría +55.

o   Ricardo Rodríguez ouro en categoría +65.

o   Andrés Rodríguez ouro en categoría +70.

Desde o Concello de Mos quíxose trasladar a noraboa a todos os medallistas e competidores do Club Natación Mos, así como aos clubes Hércules e Ponteareas polos postos de 1° e 2° posto por Clubes, respectivamente.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES