viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaMos inviste 45.000 euros na mellora da Pista de San Eleuterio

Mos inviste 45.000 euros na mellora da Pista de San Eleuterio

A obra estará rematada antes de que finalice o mes de outubro.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o edil de Deportes, José Areal, informaron hoxe de que se atopa en procedemento de contratación, e a piques de ser contratada, a obra de mellora da pista polideportiva de San Eleuterio.

Para a devandita mellora a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia concedeulle ao Concello de Mos unha subvención de preto de 31.000 euros.

O importe total do proxecto ascende a 44.198,5 euros, dos cales a Xunta achega unha axuda de 30.938,95 € e os 13.259,55 € restantes serán aportación do Concello de Mos con fondos propios municipais.

A obra estará rematada antes de finais do vindeiro mes de outubro. Consistirán en traballos de mellora da pista polideportiva da Urbanización de San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, coa finalidade de renovar os pavimentos, os elementos de peche e protección, así como os elementos vinculados ao desenvolvemento da actividade deportiva.

As obras previstas abarcan os conceptos seguintes: Limpeza do pavimento da Pista Polideportiva. Limpeza dos muretes perimetrais da Pista Polideportiva. Desmonte do Peche Perimetral da Pista para a súa substitución. Pavimentación da Pista Polideportiva sobre o pavimento actual. Pintado do murete perimetral e dos xogos sobre o pavimento. E reposición do peche perimetral.

Comezarán os traballos procedendo a desmontar o peche perimetral da pista polideportiva, así como a retirada dos elementos deportivos que forman parte do mobiliario. Levarse a cabo a limpeza do pavimento da pista así como dos muretes perimetrais con lanza de auga a presión.

Sobre o pavimento actual, unha vez levados a cabo os traballos de limpeza, procederase á aplicación do pavimento multicapa acrílico- epoxi, así como ao marcado das pistas de baloncesto, balonmán e fútbol sala. Da mesma maneira, pintaranse os muretes perimetrais con pintura ao cemento.

Por último dotarase á pista polideportiva de dúas porterías en substitución das existentes. Repoñerase o peche perimetral a base de malla metálica de simple torsión, con acabado plastificado

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES