viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísDesartellada unha ruta de narcotráfico entre Andalucía e Galicia

Desartellada unha ruta de narcotráfico entre Andalucía e Galicia

A Policía Nacional desartella dous clans de supostos narcotraficantes que actuaban organizados, un en Andalucía coa provisión da droga e outro en Galicia que posuía pisos «gardería» onde a almacenaba antes de distribuíla aos vendedores locais.

A operación, denominada Ruta da Prata, finalizou coa detención de 22 persoas entre os concellos de Ferrol, Ayamonte, en Huelva, e Jerez e Sanlúcar de Barrameda, en Cádiz.

Nos rexistros realizados, os axentes interviñeron un total de 30,2 quilogramos de haxix, 300 gramos de cocaína, 1.725 plantas e 40 quilogramos en ‘cogollos’ de marihuana, 1,5 quilos de substancia para corte, catro armas curtas, unha escopeta de canóns recortados, 20.000 euros en efectivo e dous uniformes da Garda Civil.

En Galicia, os axentes localizaron un piso de seguridade en Ferrol onde se aloxaban os transportistas cando chegaban a Galicia coa mercadoría.

Nese inmoble produciuse un incendio a finais do mes de xaneiro, froito do cal se interviñeron máis de 25 quilos de haxix e detívose os primeiros cinco implicados.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES