Participará na primeira fase o vindeiro venres 30 de setembro

Moisés Cerezo, nado e residente na parroquia de Pereiras, outro recanteiro que compite pola zona de Vigo no programa LUAR da TVG. Participará na primeira fase o vindeiro venres 30 de setembro.

Cerezo, de 27 anos de idade, leva a música no sangue, pois leva máis de 20 anos formando parte do Grupo de Baile e Gaitas Nosa Terra de Pereiras. Comezou bailando e logo iniciouse como músico tocando o tambor e o bombo. Actualmente continúa tocando percusión no Grupo de Nosa Terra, sen embargo, este é o seu debut como cantante.

Moisés asegura estar “moi ilusionado nesta miña primeira experiencia cantando ante o público. Xurdiume a oportunidade de participar nesta gran experiencia e non o dubidei, enviei o vídeo presentándome e tiven a sorte de que me chamaran para dicirme que estaba seleccionado; polo que afronto este desafío como unha gran experiencia de aprendizaxe. Hai moi bo nivel entre os participantes, moitos cantan profesionalmente, polo que é un reto complicado, pero no que porei toda a miña ilusión e ganas”.

A Moisés Cerezo, mozo traballador e versátil que pese á súa xuventude xa se dedicou á automoción e a outros sectores diversos, gustaríalle “seguir a estela e o exemplo doutro mosense recanteiro que logrou ser gañador do Recantos do Luar, Antonio Barros, gran cantante da parroquia de Tameiga”, explica o de Pereiras.

¿E ti, es de Tweet?