O nacionalista Xose Emlio Barros é rexedor do municipio dende as eleccións do 2019.

xose emilio barros

Xose Emilio Barros naceu na parroquia de Queimadelos, en Mondariz, e é alcalde do municipio logo de acadar os votos favorables do pleno en xuño de 2019. Antes de ser rexedor era axente comercial con responsabilidade no noroeste peninsular. Dende moi novo maniféstase como  “activo e firme defensor do común dos veciños e dos movementos asociativos”. Cofundador da Asociación Veciñal Carballo da Armada, participa de múltiples iniciativas vencelladas ao mundo rural e a natureza. A súa experiencia política, sempre ligada ao nacionalismo galego, comeza a finais da década dos 80 cando se presenta como candidato á Alcalde pedáneo na Entidade Local Menor de Queimadelos, onde exerceu como Vogal da Xunta Veciñal. Dende 2007 é concelleiro en Mondariz, sendo dende 2012 o Portavoz Municipal do BNG.

 

 

¿E ti, es de Tweet?