HomeConcellos +A CanizaFalece unha muller tras ser atropelada na Caniza por un conductor que...

Falece unha muller tras ser atropelada na Caniza por un conductor que deu positivo en alcol

Unha muller faleceu durante a tarde de onte, luns, tras ser atropelada no centro urbano da Caniza. Os feitos ocorreron en torno ás 16:20 horas da tarde na rúa Progreso. Nun primeiro momento, a muller foi trasladada con vida en helicóptero ao Hospital Álvaro Cunqueiro, onde finalmente faleceu.

O atropelo produciuse nun paso de peóns e o condutor do vehículo, que resultou ileso, deu positivo nas probas de alcolemia ás que foi sometido tras o suceso.

Dende a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que movilizou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Dito helicóptero foi quen trasladou á vitima ata o hospital de referencia.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS