Unha muller faleceu durante a tarde de onte, luns, tras ser atropelada no centro urbano da Caniza. Os feitos ocorreron en torno ás 16:20 horas da tarde na rúa Progreso. Nun primeiro momento, a muller foi trasladada con vida en helicóptero ao Hospital Álvaro Cunqueiro, onde finalmente faleceu.
O atropelo produciuse nun paso de peóns e o condutor do vehículo, que resultou ileso, deu positivo nas probas de alcolemia ás que foi sometido tras o suceso.
Dende a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que movilizou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Dito helicóptero foi quen trasladou á vitima ata o hospital de referencia.

