HomeNewsActualidadeDeclarada a prealerta por seca nas concas do Miño, Sil e Cabe

Declarada a prealerta por seca nas concas do Miño, Sil e Cabe

Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) reuniu esta semana a Oficina Técnica da Seca (OTS), tras o que resolveron declarar a prealerta (nivel amarelo) por seca nas concas dos ríos Miño, Sil e Cabe.

Segundo expoñen dende a confederación, a decisión tomouse “tras analizar o descenso experimentado nos caudais circulantes polas canles da demarcación, que se atopan un 45% máis baixos que os habituais para o mes de xullo”.

A prealerta supón a aplicación de medidas de maior vixilancia e control das infraestruturas por parte das entidades locais, competentes en materia de abastecemento. Concretamente, afecta ás zonas de Miño Alto, Cabe, Sil Inferior, Baixo Miño e Limia; quedando exenta únicamente a demarcación Sil Superior.

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, explicou que as “precipitación recollidas nos últimos cinco meses foron inferiores ás habituais, uns 180 l/m², o que representa un 49% menos ca media do perídoo marzo-xullo”.

Ao tempo, a situación deu lugar ao descenso dos caudais circulantes polo territorio da demarcación e a unha situación de escaseza conxuntural.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS