Un bebé de 20 meses faleceu tras sufrir un golpe de calor en Fuerteventura durante a fin de semana, segundo informou a Consellería de Sanidade das Canarias.
O menor foi atendido inicialmente no Hosptal de Fuerteventura e, posteriormente, trasladado ao Hospital Materno Infantil de Gran Canaria, onde morreu na madrugada do sábado ao domingo.
Os feitos aconteceron en pleno episodio de altas temperaturas polo que está pasando o arquipélago canario, onde se rexistraron ata 40º en diferentes puntos das illas. As autoridades sanitarias notificaron o caso ao Ministerio de Sanidade como unha morte causada por un golpe de calor.

