Pasaban escasos minutos das 8:00 horas cando o 112 Galicia recibía o primeiro aviso alertando dun accidente no quilómetro 68 da PO-552 no Concello de Tomiño. Segundo a información aportada por varios particulares, dous turismos colidiran na estrada provincial e un dos seus ocupantes non era capaz de saír do vehículo. Ademais, logo do impacto, un terceiro vehículo bateu contra un dos coches accidentados.
Dende o 112 Galicia mobilizaron ata o lugar ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, aos Bombeiros do Baixo Miño, ao GES da Guarda, á Guardia Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tomiño.
Unha vez no punto, foi preciso excarcerar para liberar a un dos condutores dun dos vehículos. Houbo un total de tres feridos, dous deles foron trasladados a un centro sanitario.

