HomeNewsActualidadePonteareas acolle OuleTea, a gran feira de oportunidades con descontos no comercio...

Ponteareas acolle OuleTea, a gran feira de oportunidades con descontos no comercio local

As rúas de Ponteareas converteranse, os vindeiros venres 7 e sábado 8 de agosto, nun gran escaparate ao aire libre para acoller a feira de oportunidades “OuleTea“.

Durante estas dúas xornadas, os establecementos locais sacan os seus mellores produtos á rúa con descontos directos e prezos irrepetibles para liquidar o stock de temporada. Haberá postos de moda, calzado, complementos e moito máis.

“O OuleTea é a escusa perfecta para redescubrir o valor do noso comercio local. Queremos que Ponteareas sexa o epicentro das compras de toda a comarca, ofrecendo calidade, prezos sen competencia e unha experiencia de compra única”, destaca Ricardo González, concelleiro de Comercio.

Organiza a túa ruta

Co obxectivo de ofrecer comodidade para as persoas que visiten a feira, os horarios están adaptados ás horas de mellor temperatura. Así, o venres 7 de agosto OuteTea estará aberto de 20:00 a 24:00 horas; e o sábado, 8 de agosto, en horario de 9:00 a 15:00 horas. As xornadas, ademáis, estarán musicalizadas grazas á programación urbanda de “The Jazz Street”, que encherá as rúas de música en directo e animación.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS