HomeConcellos +A CanizaO Goberno concede máis de 106.000 euros para reparar os danos dos...

O Goberno concede máis de 106.000 euros para reparar os danos dos incendios en Vilaboa e A Caniza

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, informou hoxe da concesión de 106.254,30 euros en axudas estatais aos concellos de Vilaboa e A Cañiza para reparar infraestruturas municipais danadas polos incendios forestais rexistrados durante o verán de 2025. A resolución foi publicada este martes no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Estas subvencións enmárcanse na declaración de Zona afectada gravemente por unha Emerxencia de Protección Civil, aprobada polo Consello de Ministros para facer fronte aos danos ocasionados polos incendios forestais e outras emerxencias producidas entre o 23 de xuño e o 25 de agosto de 2025.

En concreto, o Concello da A Cañiza contará cunha subvención de 82.326,36 euros para un proxecto valorado en 164.652,72 euros. O Goberno de España financiará o 50 % do custo subvencionable das actuacións.

Abel Losada destacou que “o Goberno de España continúa ao lado dos concellos afectados polos incendios forestais, colaborando na recuperación das infraestruturas públicas danadas e contribuíndo a que os municipios poidan restablecer os servizos en condicións de seguridade e normalidade”.

O subdelegado lembrou tamén o importante labor desenvolvido polas administracións públicas durante a emerxencia e puxo en valor a “cooperación institucional” para responder aos efectos dos incendios, tanto na fase de extinción como na posterior recuperación dos danos.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS