Unha nena de 10 anos resultou ferida este mércores na cidade de Vigo despois de que se rompera a tirolina na que xogaba. O suceso tivo lugar pasadas as 20.00 horas no parque infantil situado na rúa Teixugueiras, no barrio de Navia.
Segundo informaron fontes oficiais, a menor estaba a usar a instalación cando a cadea cedeu, provocando a súa caída ao chan e un golpe na cabeza. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local de Vigo e unha ambulancia do 061. Tras unha primeira valoración, os servizos de emerxencia decidiron trasladar á pequena ao Hospital Álvaro Cunqueiro para a súa observación médica.

