Trinta anos despois de subirse os escenarios por primeira vez, Ruxe Ruxe, encaran o verán do 2026 presentado o seu último disco, “Xabral” editado por Luneda Produccións. A veterana banda santiaguesa acumula gravacións, xiras e pasaxes por escenarios de referencia en Galicia, o resto do estado, Portugal, Irlanda e Italia. Formada por Vituco Neira, David Barbas, Xulia
Neira, Iago Jorge e Xaco Barona, Ruxe Ruxe aplican a súa receita de rock incandescente, enerxía e moita honestidade enriba do escenario o que os define coma una banda de referencia do “rock do país”, como di unha das súas cancións máis recoñecibles.
Estiveron na sala JJCopas de Ponteareas compartindo escenario con Marela e Noite Atari nun concerto organizado por Punks do Tea. Tivemos a oportunidade de falar co seu guitarrista e cantante Vituco Neira.
- Trinta anos e os que quedan…., son moitas “noites de soños e pub rock”, como di a primeira canción do voso disco “Xabral”?
- – Si, non sabemos os anos que quedan porque houbo un momento en que pensamos que éramos inmortais e infinitos pero é certo que ultimamente a vida tamén nos pon diante dun espello e empezamos a vernos e vémonos un tanto gastados jeje…, máis a vez, estamos no mellor momento da banda a nivel compositivo e de directo. Faremos trinta anos en decembro do 2026, e queremos celebralo no 2027, presentar un disco novo na sala Capitol, dar concertos onde nos chamen e seguir ata que o corpo aguante.
– Tedes un disco con pouco máis de un ano, pode ser un tópico que o último traballo é o mellor, pero “Xabral” fala precisamente diso, e da boa fe de que vivides un bo momento, podemos dicir que o tópico faise realidade?- – Si, non sei como funcionan o resto dos grupos, pero é normal que fagamos discos un pouco mellores e que fagamos directos mellores e mellores cancións, porque pouco a pouco vas aprendendo. Xusto no mundo da música hai unha especie de idadismo que nos parece que a medida que os grupos vanse facendo maiores, van ser peores, menos interesantes, e é unha idea absolutamente equivocada. Co paso dos anos, todos melloramos en calquera faceta da vida e na música por suposto.
– E que importante é seguir compoñendo e gravando. Como levades o equilibrio entre a ilusión de presentar novas cancións e non faltar a cita dos temas clásicos?- – Nós queremos tocar o que nos ilusione, tocar o que nos faga vivos dentro do escenario, que nos emocione. Estamos tocando a maioría do repertorio de menos de cinco anos, isto fala de emocións, de estar convencido e transmitir esta emoción, e o certo e que ata agora a xente responde moi ben os nosos directos.
- – Nalgunha entrevista de presentación de “Xabral” falábades de que estábades na procura dese hit, ou canción que de verdade chegue a todo o mundo.
- – Máis que falar de hits, nós temos a idea de facer unha boa canción, unha moi boa canción que estea o nivel das bandas que nos gustan. Posiblemente, non o lograremos pero traballamos para acadar a canción perfecta, esa canción que tería que ter todo o que nos gusta, a nosa esencia. Inda non chegamos a ese punto, por iso, ensaiamos dúas veces a semana dende hai trinta anos, gravamos un disco cada dous anos, e continuamos coa ilusión de facelo. É un proceso de creatividade que non é fácil pero que seguimos intentando conseguir, e a nosa esencia.
– A esencia de Ruxe Ruxe segue estando ahí, o rock, o punk, o ska, o realismo máxico e o compromiso social, en “Xabral” segue habendo todo iso.- – Si, “Xabral” é un disco moi chulo que nos aportou cousas moi importantes para nós, pero xa temos outro disco gravado con Kaki Arkarazu, que presentaremos en Febreiro do ano que ven, é un pouco pronto para falar diso, nós xa estamos noutro capítulo. É curioso como funcionan a cabezas, forma parte do proceso de non parar e de disfrutar co que facemos.
– Veñen moitas datas, estaredes en festivais como Noceda Rock, tamén na Estrada, Narón…- Estamos tocando moito e é un momento moi bonito. É curioso porque en Ponteareas é a primeira vez, compartimos noite on Noite Atari que é un grupo de Compostela, e Marela do Deza unha gran noite.
- – A pesares do tempo da banda, seguides a disfrutalo?, a pasalo ben enriba do escenario?
- – Cada vez que hai un concerto, que hai unha data, para min é un momento de moita felicidade da vida, non é tanto subirte o escenario, pero o feito de chegar o lugar, compartir eses momentos con persoas as que quero moito, xente da produción, técnicos, é coma ir a un parque de atraccións. Ogallá fosemos eternos e puideramos seguir trinta anos máis.
- E chegou a noite e a conversa volveuse música. A sala JJ Copas acolleu o directo de Marela, Noite Atari e Ruxe Ruxe, que pechou a noite co seu balance entre “clásicos” da banda coma “Rock do País” ou “Descomunicación” e temas do seu recente disco coma “Area 51”, “Esta vez” ou “Bastardos”. Ska, rock aguerrido e salvaxe. Ruxe Ruxe segue mantendo a impronta e a enerxía dun rapás pequeno. Rock do país.

