HomeNewsActualidadeTres detidos pola aparición do vigués ensanguentado en Moaña

Tres detidos pola aparición do vigués ensanguentado en Moaña

A Policía Nacional detivo a tres persoas pola suposta relación coa aparición en Moaña dun veciño de Vigo, ensanguentado e con múltiples malladuras, nunha cuneta da Autovía do Morrazo.

O home foi localizado na tarde do domingo por uns particulares, que deron a voz de alarma aos axentes policiais. O home aseguraba ser vítima dun secuestro.

As primeiras investigacións do caso apuntan a unha suposta liorta entre persoas coñecidas, que tivo lugar en Vigo. Tras isto, trasladaron ao ferido nun vehículo ata a parroquia de Meira, onde o abandonaron.

Ao ser localizado, o home foi trasladado a un centro hospitalario para recibir asistencia médica.

Os detidos

Os axentes policiais procederon á detención de tres persoas, dous homes e unha muller, veciños de Vigo e arredores.

Ata o de agora, os tres permanecen en dependencias policiais á espera de pasar a disposición xudicial.

Pola contra, a investigación segue aberta e non se descartan máis detencións.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS