HomeNewsActualidadeTramos e porcentaxes: Entra en vigor o novo sistema de copagamento farmacéutico

Tramos e porcentaxes: Entra en vigor o novo sistema de copagamento farmacéutico

Dende este mesmo xoves, entra en vigor o novo sistema de copagamento farmacéutico, que pretende ser máis proporcional aos ingresos das persoas. Desta forma, o novo mecanismo introduce catro tramos de achega de rendas medias e baixas e topes mensuais progresivos na poboación activa, co obxectivo de “favorecer aos que menos gañan e tamén aos pacientes polimedicados”.

A proposta está impulsada polos ministerios de Sanidade e Facenda e conta cun impacto orzamentario estimado en 265,63 millóns de euros. Segundo indican, “a nova forma de prestación persegue reducir as desigualdades e garantir a continuidade nos tratamentos”.

Ata o de agora, os tramos de renda para o copagamento, quenon sufriron cambios dende o ano 2012, son tres: rendas inferiores a 18.000 euros, que pagan o 40 %; as de 18.000 a 100.000, o 50%; e máis de 100.000, que abonan o 60 %.

novo modelo eleva o número de tramos ata un total de seis para beneficiar ás rendas medias e baixas, pero sen incrementar ningunha das achegas, introducindo por primeira vez máximos mensuais nas rendas inferiores aos 35.000 euros, que ata o de agora non dispoñían de límites específicos.

Desta forma, a partir de hoxe, os tramos e achegas para poboación activa son os seguintes:

  • Ata 9.000 euros e de 9.000 a 17.999 euros, que terán que contribuír co 40 % ata un máximo de 8,23 euros e 18,52 euros mensuais, respectivamente.
  • As rendas de 18.000 a 34.999 euros e as de 35.000 a 59.999 euros, nese caso pagarán o 45 %, pero as primeiras non superarán os 61,75 euros, mentres para as segundas non hai ningún tope.
  • Un quinto tramo, o de 60.000 a 99.999 euros, abonará o 50 % da súa medicación, sen teito máximo ao mes.
  • O sexto, para máis de 100.000 euros, terá que pagar o 60 %, sen que ningún dos dous teña topes mensuais.

Novo tramo para pensionistas

Co sistema anterior, os pensionistas compartían os mesmos tramos que os activos – inferiores a 18.000 euros, de 18.000 a 100.000 e máis de 100.000- cun 10 % de copagamento, aínda que no seu caso, con topes mensuais de 8,27, 18,52 e 61,75 euros en cada pinza, respectivamente.

Agora hai catro tramos neste grupo: o de menos de 18.000, de 18.000 a 59.999 e de 60.000 a 99.999, que se sufragarán o 10 % da medicación, ata un tope mensual de 8,23 euros, 13,37 euros e 18,52 euros, respectivamente.

Os que teñan pensións superiores aos 100.000 euros, a porcentaxe de copagamento mantense no 60 % ata un máximo de 61,75 euros ao mes.

Así mesmo, mantéñense as exencións xa existentes para colectivos vulnerables, como persoas beneficiarias do ingreso mínimo vital, perceptores de pensións non contributivas, persoas desempregadas sen prestación, menores con discapacidade recoñecida ou afectados por accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Tamén se incorpora expresamente a exención para as persoas beneficiarias do complemento de axuda para a infancia.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS