Venres, Abril 24, 2026
HomeNewsActualidadeA Biblioteca Municipal de Tui busca incrementar a calidade dos seus servizos

A Biblioteca Municipal de Tui busca incrementar a calidade dos seus servizos

O Concello de Tui vén de as presentar diversas melloras realizadas na Biblioteca Municipal tudense co obxectivo de incrementar a calidade do seus servizos.

Así por unha parte o Concello procedeu á renovación do equipamento informático de uso público con tres novos ordenadores de sobremesa e tres portátiles á disposición dos usuarios da Biblioteca.

Por outra parte co obxectivo de facilitar a devolución dos libros as 24 horas día foi instalado un buzón para a devolución destes exemplares no exterior da Biblioteca a carón da zona axardinada da fachada principal do edificio Francisco Sánchez.

Outra das melloras realizadas abrangue a incorporación de novo mobiliario para a biblioteca, en concreto un expositor de novidades e un carro transporta libros para facilitar o traballo do persoal.

Tamén foi adquirido un moble expositor para a colección de pósters da biblioteca de cinema Daniel Domínguez, que se atopa no centro bibliotecario.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, amosou a súa satisfacción por estas melloras que “redundan nunha mellor calidade destes servicios bibliotecarios, destacando especialmente a renovación completa dos equipos informáticos a disposición dos usuarios pois deste xeito garanten o acceso á información de todos os cidadáns, unha das funcións encomendadas ás bibliotecas públicas”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS