Martiño Ramos Soto, o exprofesor ourensán detido en Cuba no mes de novembro tras fuxir para non cumprir unha condena de 13 anos e medio de cárcere por violar unha menor de idade, ingresou en prisión este xoves despois de ser extraditado.
Segundo informaron fontes cercanas ao caso, Ramos Soto viaxou a Madrid en avión dene Cuba. Unha vez alí, a Policía trasladouno aos xulgados de Praza de Castela, onde o xulgado de garda, instrución número 44, ditou o seu ingreso en prisión.
Martiño trátase dunha persoa condenada pola Audiencia Provincial de Ourense e foi este órgano quen ordenou a súa busca e captura, para proceder ao seu ingreso en prisión. Polo de agora, o detido ubícase nunha prisión madrileña á espera do que decida posteriormente o órgano cometente.

