O Concello de Baiona e SKY Team Luciano veñén de anunciar a celebración dunha velada de boxeo que terá lugaro vindeiro sábado 25 de abril no Pavillón Municipal de Baiona. O evento dará comezo ás 19 horas.
A xornada reunirá a boxeadores de distintos niveis nunha programación que inclúe dous combates profesionais, dous neoprofesionais e oito amateurs.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, subliñou a “relevancia desta iniciativa asegurando que o Concello de Baiona mantén un firme compromiso coa promoción do deporte como elemento esencial para o benestar social e a dinamización do municipio”.
As entradas poderán adquirirse a un prezo de 15 euros en venda anticipada e 20 euros na billeteira.

