Mércores, Abril 22, 2026
HomeNewsActualidadeMúsica electrónica e sabor local este sábado no Rosal da man do...

Música electrónica e sabor local este sábado no Rosal da man do Orballo Fest

O Rosal prepárase para vivir unha noite chea e música e gastronomía local nunha nova edición do Orballo Fest, un festival organizado polo Valinox Novás co que colabora o Concello e que levará á Praza do Calvario música electrónica e diversión nun formato pensado “para gozar sen présa e en boa compañía”.

Este sábado 25 de abril a praza será o escenario desta proposta que abrirá ás súas portas ás 20.30 horas nun evento con entrada libre e de balde que aposta por dinamizar a vida social e cultural do municipio cunha oferta fresca, atractiva e con vocación de continuidade.

O cartel musical comezará con DJ Piriz e continuará coa actuación de Os Netos do Rosal e o seu espectáculo ‘Operación Ascenso’. A noite seguirá con Famour Corner ás 22.00 h, Divergente ás 23.30 h e coa música de Joselete, Anxo Silva, G. Rich e Diego Wass, que porán o broche final a unha xornada pensada para non deixar de bailar e para gozar ademais da gastronomía, da coctelería e de numerosas sorpresas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS