Un traballador perdeu a vida na mañá deste mércores ao caerlle unha árbore enrriba no municipio pontevedrés de Covelo.
O accidente ocorreu minutos antes das 10 da mañá en A Lamosa, no lugar de Corzós, tal e como informa o 112 Galicia.
Tras o accidente, foron avisados Bombeiros de Ponteareas, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oitavén-Tea. Ata o lugar, tamén se movilizou persoal do 061, que xa tiñan constancia do sucedo.
Unha vez no lugar, os servizos de emerxencia tan só puideron constatar o falecemento da persoa.

