Luns, Abril 20, 2026
HomeNewsActualidadeFerido grave un ciclista en Mondariz tras ser alcanzado por un vehículo,...

Ferido grave un ciclista en Mondariz tras ser alcanzado por un vehículo, que rematou calcinado

Un ciclista de 26 anos, veciño de Ponteareas, ingresou este domingo en estado moi grave no hospital Álvaro Cunqueiro tras ser alcanzado por un vehículo en Mondariz.

Concretamente, o accidente ocorreu na estrada N-120 ao seu paso pola parroquia de Meirol en torno ás 19:00 horas.

Todo apunta a que o coche levou por diante ao cilista, que quedou inconsciente na beiravía tras caer por un talude. Os feitos ocorreron á altura do quilómetro 635.

Segundo informou o 112-Galicia, o vehículo comezou a arder tras o impacto, e rematou calcinado por completo.

En canto ao ciclista, foi trasladado ao hospital en helicóptero de emerxencias. O mozo saíu despedido e quedou tendido na parte traseira do turismo. Levou un forte golpe na cabeza e tivo que ser intubado antes do seu traslado.

A Garda Civil estuda agora se se tratou dun despiste ou se o condutor, que viaxaba só, circulaba a velocidade excesiva ou baixo os efectos do alcol.

Para sufocar o incendio provocado polo vehículo, deberon mobilizarse os Bombeiros de Ponteareas. Contaron coa axuda dos efectivos do distrito forestal da zona e dos voluntarios de Protección Civil Oitavén-Tea. Ata o lugar tamén se desprazaron axentes da Garda Civil de Tráfico.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS