Martes, Marzo 24, 2026
HomeNewsActualidadeLuz verde ambiental á futura zona comercial de Ponteareas

Luz verde ambiental á futura zona comercial de Ponteareas

A Xunta de Galicia acaba de dar luz vere ambiental ao plan parcial do sector de solo urbanizable industrial SURBZ-T-01, na zona denominada O Reiro, en Ponteareas, que ten como obxecto establecer a ordenación do referido ámbito para iniciar o seu desenvolvemento.

O informe ambiental estratéxico (IAE) emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, que sae publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia , establece que non son previsibles efectos adversos significativos derivados do proxecto sempre que se cumpra coas condicións incluídas na propia resolución en cuestións relacionadas con conectividade, servizos básicos ou mobilidade.

Neste sentido, o informe foi elaborado no marco do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada do plan parcial, un trámite no que a documentación presentada polo promotor foi sometida a consulta dos organismos públicos interesados e tanto o borrador da proposta como o documento ambiental estratéxico estiveron publicados no portal da Consellería para que o público puidese consultalo e facer as observacións ou suxestións de carácter ambiental, sen que se recibira ningunha.

Unha vez emitido, o IAE foi remitido ao promotor (neste caso, Nieto y Cid SL) e ao órgano substantivo (o Concello de Ponteareas) xunto cos informes recibidos na fase de consultas previas e hoxe mesmo fíxose público mediante publicación do anuncio correspondente no Diario Oficial de Galicia e a través da páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

O obxecto deste plan é establecer unha ordenación pormenorizada dos terreos clasificados no Plan xeral de ordenación municipal de Ponteareas como solo urbanizable de uso global terciario-comercial, situados na saída noroeste da vila e cunha superficie de 6.426 metros cadrados. O borrador propón axustar o ámbito e incorpora unha parcela de 365 metros propiedade do promotor e que completa o sector polo nordeste.

En canto ao obxecto da proposta, o desenvolvemento previsto localiza na parte alta do ámbito unha parcela única destinada a acoller un establecemento comercial e na parte baixa, reserva a zona verde e o equipamento, en contacto co solo urbano xa existente.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS