Un veciño de Crecente faleceu este xoves ao cair dun muro mentres realizaba traballos de roza nunha leira, na parroquia de Vilar.
En torno ás 13:15 horas da tarde o 112 Galicia recibía o aviso dun particular, alertando do sucedido. Ata o lugar trasladouse un helicóptero de emerxencias sanitarias. Unha vez no lugar, o persoal médico non puido facer nada por salvarlle a vida.
Investíganse as causas do accidente.

