Pasaban uns minutos das 7:00 horas, cando diferentes particulares contactaron co 112 Galicia indicando que un camión envorcara na mediana da A-52, concretamente no quilómetro 301, á altura de Ponteareas. A maiores, os particulares alertaban de posibles atrapados dentro do vehículo.
Dende a Sala de Operacións do 112 Galicia procedeuse a solicitar a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, dos Bombeiros do Baixo Miño e da Garda Civil de Tráfico.
Ao chegar aos lugar, o equipo de bombeiros tivo que axudar á persoa a saír do vehículo accidentado, aínda que non foi preciso excarcelala.

