Martes, Marzo 10, 2026
HomeNewsActualidadeUn incendio obriga a desaloxar a unha familia da súa vivenda en...

Un incendio obriga a desaloxar a unha familia da súa vivenda en Nigrán

Un incendio obrigou a desaloxar unha vivenda familiar esta madrugada no barrio do Viso, no Concello de Nigrán.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso ocorreu en torno ás 02:45 horas, nas primeiras horas deste mércores. O aviso produciuse a través dun particular, que alertou ás forzas de seguridade e asegurou que lle estaba ardendo o cadro eléctrico da vivenda, situado na cociña.

Debido ao lume, a casa estaba chea de fume. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros do Val Miñor, que desaloxaron á familia ata que foi seguro volver a ela. Unha vez dentro, tiveron que permanecer no salón da vivenda.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS