Luns, Marzo 9, 2026
HomeNewsA terraNigrán recibirá 220.000 euros para rexenerar o dano das borrascas en Praia...

Nigrán recibirá 220.000 euros para rexenerar o dano das borrascas en Praia América

O alcalde de Nigrán, Juan González, vén de recibir en Praia América ao director do servicio provincia de Costas, Miguel García, quen acudíu acompañado de dous técnicos para ver in-situ os danos ao areal causados polas sucesivas borrascas e para consensuar os traballos de rexeneración.

Os temporais consecutivos de inicios de anos provocaron o desprendemento de boa parte da superficie dunar da zona de Panxón, afectando ás diferentes pasarelas de madeira de acceso á praia, ás duchas e tamén a gran parte da varanda de aceiro inoxidable do paseo parítimo e o seu pavimento.

En concreto, o Ministerio de Transición Ecológica e Reto Demográfico outorgará para a rehabilitación do areal nigranés 220.000 €, destinados a realizar grandes movementos de terra que contribúan a rexenerar máis rápidamente o ecosistema e a evitar que continúe a erosión.

Ademáis, reporanse os diferentes accesos peonís á praia e redeseñarase a pasarela de madeira da zona de Praia América. A licitación de emerxencia realizarase este mesmo mes para poder iniciar os traballos a comezos de abril. A actuación non comprende o paseo fixo de Panxón, que será rehabilitado con fondos propios do Concello.

“Trátase dunha acción paliativa que busca unha rápida rexeneración medioambiental que nos permita convivir co cambio climático”, explica o alcalde, quen agradece a rápida resposta de Costas do Estado.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS